Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Oroso e Escuela Contalento organizan un campamento de Halloween o venres 30 de outubro para nenos/as de 3 a 12 anos


O Concello de Oroso e Escuela Contalento organizan o campamento “Happy Halloween”, que terá lugar este venres 30 de outubro coincidindo cunha xornada de vacacións escolares. O campamento, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, terá lugar de 7:30 a 15:30 horas, podendo as familias escoller anotar aos seus pequenos entre 5 horas (por 6 euros) ou as 8 horas (por 8 euros).

Ademais, ofrecerase a posibilidade de almorzo, xantar e merenda, cuns suplementos de 2, 5 e 3 euros, respectivamente. Así mesmo, e para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, o Concello de Oroso ofrece a posibilidade doutros horarios. Os interesados en participar deben anotarse previamente no Centro Cultural de Sigüeiro (981 690 903) ou na Escuela Contalento (Paseo do Carboeiro, 9, 881 981 905 ou 669 956 427).